A Casa Rosa xa funciona como centro de rehabilitación para persoas con enfermidade mental

Día de celebración en Culleredo coa inauguración do centro de rehabilitación psicosocial da Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM) na Casa Rosa do Burgo, cedida á entidade polo Concello de Culleredo. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a presidenta de APEM, María Antonia Pérez, pronunciaron os discursos no exterior da dependencia, acompañados de numeroso persoal técnico da entidade e de Benestar Social de Culleredo, do alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, do director do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, Ignacio Crespo, o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e distintos concelleiros da corporación.
 
O centro de rehabilitación dará a servizo a 40 usuarios con esta doenza no labor da entidade de promocionar a súa vida autónoma. Por iso, aprenden tarefas domésticas, como a cociña, a coser ou a pasar o ferro.
 
A presidenta mostrou a súa emoción no recordo a José Luís Muruzábal, o seu marido, fundador da asociación. Sacristán apuntou que "alí onde estea, estará alegre" por esta inauguración. O alcalde lembrou as numerosas conversacións que tivo no seu día con el co obxecto de lograr un centro como este.
 
O rexedor enxalzou o gran traballo de APEM por un colectivo que necesita moita atención e mostrouse orgulloso de destinar a Casa Rosa a este fin.
 
As obras de rehabilitación centráronse principalmente nos chans, teitos e xanelas. As instalacións eléctricas, a calefacción ou o ascensor xa foran realizados no seu día polo Concello. No chan foi necesario cambiar moitas das táboas de madeira que se atopaban en mal estado. As xanelas foron adaptadas ás necesidades dos futuros usuarios. E nos teitos realizouse un traballo de precisión para recuperar as espléndidas escaiolas que coroan as habitacións. En cada unha o debuxo é diferente e un pintor afanouse no seu pintado a man. 
 
Con todo este proceso a Casa Rosa recupera o brillo das súas galerías, os seus corredores ou a súa terraza coa súa escaleira de caracol, no centro do Burgo, para un fin social. 
 
A concesión do inmoble municipal non leva aparellado ningún tipo de canon a APEM. A súa utilidade pública e o interese xeral do servizo que alí se ofertará levaron ao equipo de goberno a efectuar esta concesión gratuíta. A concesión efectúase por unha duración de 25 anos, que serán prorrogables ata os 50. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina