O Concello organiza obradoiros de iniciación e perfecionamento en fotografía dixital

O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de fotografía dixital no verán. A iniciativa contará dunha modalidade en nivel de iniciación e doutra en nivel de perfecionamento, de cara a responder as necesidades dun rango maior de veciños.

Os talleres terán lugar de 21 de xullo ao 4 de agosto no centro municipal de formación Pablo Picasso. Están dirixidos a mozos e mozas empadroadas no municipio de Culleredo.

Os obradoiros celebraranse de luns a mércores. De 10.00 a 12.00 horas terá lugar o de perfecionamento e de 12.00 a 14.00 horas o de iniciación. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

Para anotarse hai que dirixirse á Concellería de Formación, sita no centro Pablo Picasso do Burgo.
Teléfono: 981 664 204.
Correo electrónico: cipax@culleredo.org.

Vista previaAdxuntoTamaño
obradoiro_iniciacion_fotografia_dixital.pdf260.39 KB
obradoiro_perfeccionamento_fotografia_dixital.pdf141.27 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina