O Concello recorrerá á liña de axudas polo temporal para reparar o paseo do río Trabe xunto ao campo de fútbol

O Concello de Culleredo prepara a solicitude ante a convocatoria de axudas lanzada polo Estado polos efectos dos pasados temporais. De entre os danos provocados polo mal tempo no municipio destacan os sucedidos no paseo do río Trabe, en concreto na contorna do campo de fútbol do Burgo.

A acción do temporal causou un corremento de terras no paseo, rompendo parte do firme do carril bici e tirando parte do valo de madeira que discorre xunto ao río. Isto débese aos danos orixinados no dique existente na base do río.

O Concello realizou unha primeira estimación de danos na zona. Calcula que a reparación deste anaco do paseo alcanzaría os 180.000 euros.

A actuación consistiría no desmonte do dique danado e construción dunha nova. Ademais repararíase o pavimento do carril bici e da zona peonil e reporíase o valo derrubado.

O goberno municipal confía en obter o financiamento estatal, dada a liña de subvencións aberta polo Estado para aplacar as diferentes desfeitas causadas pola acción do mal tempo, e así arranxar un espazo que forma parte da rede de paseos verdes do municipio.

O Concello xa acometera nesa zona un importante arranxo no ano 2012. O goberno local aposta por manter ese espazo de carril bici ao dar servizo a infraestruturas como o campo de fútbol, polideportivo ou o propio CEIP Isaac Díaz Pardo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina