O futuro IES de Culleredo terá 29 aulas, polideportivo, pista exterior e biblioteca

O futuro instituto de Educación Secundaria de Culleredo contará con amplas instalacións para dar resposta ás necesidades da comunidade educativa. O proxecto recentemente realizado da infraestrutura propón unha distribución en tres plantas máis un soto para dar a cabida a todos os espazos de docencia e administrativos que se requiren.

A planta baixa dedicarase eminentemente aos servizos administrativos e de xestión. Albergará a secretaría do centro, a sala de profesores, a reprografía, e os despachos para a dirección, xefatura de estudos, ANPA, alumnos e orientación educativa. Neste piso tamén se emprazan dous laboratorios e dúas aulas para impartir Tecnoloxía.

A primeira planta destínase á docencia de materias específicas. Así, contará con dúas aulas de informática, dúas aulas de música e dramatización, dúas aulas de debuxo e tres aulas para o desdobre de grupos. Tamén se situarán aquí equipamentos como a biblioteca, un amplo espazo polivalente, nove seminarios, a cociña e a cafetaría.

A planta segunda será a que acolla as 16 aulas de docencia xeral, catro por cada curso. No soto emprazarase o ximnasio cos seus vestiarios.

Os servizos deportivos do IES serán amplos. No exterior construirase un polideportivo cuberto, con varios accesos, e pistas deportivas descubertas.

O aspecto exterior do centro gardará relación co estilo da Universidade Laboral, ao emprazarse nos devanditos terreos, na avenida de Rutis. O acceso ao instituto realizarase pola mesma porta de acceso ao recinto, cun camiño propio.

O goberno de Culleredo confía en que a licitación dos traballos de construción sexa lanzada pola Xunta de forma inminente para que a adxudicación póidase producir no primeiro trimestre de 2014, sobre o mes de marzo.

Desta forma, a apertura do instituto podería producirse para o curso 2015-2016. Aínda que o desexo do goberno municipal era que o centro de ensino puidese xa funcionar no 2014-2015, os últimos pasos dados pola Xunta foron importantes para que terminar coa espera e poder facer realidade un espazo ansiado por Concello e comunidade educativa.

O equipo de goberno espera que a consignación que figura nos orzamentos autonómicos para 2014 sexa superior ao longo do exercicio, coa incorporación de remanentes procedentes do actual exercicio, e así garantir a "maior celeridade" na tramitación e construción do IES.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina