O Concello lanza un programa de reforzo escolar tras o horario lectivo

O Concello de Culleredo executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio, para sacar adiante o curso.

A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten como finalidade frear o fracaso e o abandono escolar, marcando os seguintes obxectivos :

  • Contribuír á mellora das aprendizaxes, fomentando a motivación para o éxito escolar
  • Dotar ao alumnado de ferramentas e estratexias para mellorar nos estudos
  • Aplicar as técnicas de estudo para mellorar os hábitos de traballo.
  • Mellorar as competencias básicas para o alumnado en risco de abandono
  • Orientación e apoio para actividades encamiñadas á obtención do título de graduado de secundaria


O Concello abre o prazo de inscrición para o programa, ata o 31 de outubro próximo. A acción está dirixida ao alumnado do 3º ciclo de Primaria (5º-6º), a ESO (1º-4º) e PCPI.

As clases levarán a cabo nos centros escolares Isaac Díaz Pardo (O Burgo), Sofía Casanova (Vilaboa), Ría do Burgo (A Corveira), Tarrío e IES Eduardo Branco Amor, unha vez finalizadas as horas lectivas. Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15.

Pódese obter máis información pódese acudir ao Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08.  Ou no mail educacion@culleredo.org.

Vista previaAdxuntoTamaño
triptico_ponte_a_punto_2013-2014.pdf484.05 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina