O Concello completa un plan de mellora nas estacións de bombeo de augas residuais

O Concello de Culleredo acaba de concluír un importante plan de mellora no sistema de bombeos da rede municipal de saneamento, instalacións fundamentais para evitar verteduras á ría. O conxunto de actuacións levadas a cabo buscou a mellora da eficacia no seu funcionamento.

O plan constou dun total de cinco proxectos:

  • Instalación dun novo sistema de desbaste na estación de bombeo de Fonteculler
  • Melloras nos autómatas e telecontrol dos bombeos residuais de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro
  • Instalación de baterías de condensadores reactiva nos bombeos de Fonteculler, Acea de Ama e Alvedro
  • Instalación de novos impulsores en tres bombas da estación de Acea de Ama
  • Instalación de alarma de intrusión no sete bombeos


As actuacións foron levadas a cabo pola empresa adxudicataria do servizo municipal de saneamento, concesionado o ano pasado. O investimento alcanzou os 129.000 euros, a cargo da concesionaria, dado que o Concello introduciu estas obras nos pregos de condicións do contrato, co obxecto de continuar mellorando o sistema de abastecemento.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, hoxe co responsable da adxudicataria os bombeos para coñecer de primeira man os detalles das actuacións. O principal investimento realizouse na estación de bombeo de Fonteculler, onde un novo sistema de desbaste previrá de atascos que poderían orixinar verteduras á ría.

Trátase dun equipo que filtra as augas residuais, separando os elementos de carácter sólido que puidesen provocar un mal funcionamento. Este novo sistema, máis moderno e eficaz, únese ao que xa funcionaba polo que a estación pasa a ter un dobre control para impedir os atascos.

A instalación de autómatas de última xeración permitirá monitorizar en tempo real todo o que sucede nos equipos dos bombeos. Así, a empresa poderá actuar de inmediato ante incidencias e solucionar posibles avarías.

A automatización do sistema levará un importante aforro do consumo de enerxía eléctrica. O bombeo de Acea de Ama non terá de feito ningún consumo nas horas punta, cando o prezo por quilovatio é máis elevado, dado que permacerá parado grazas á capacidade do depósito acumulador. Este depósito almacena as augas residuais para bombealas de madrugada.

Ademais, nas 7 estacións de bombeo de Culleredo (Acea de Ama, Fonteculler, Alvedro, Orro, Castelo, Matosiño e Cabana) instalouse un sistema de seguridade mediante alarma para previr de posibles roubos ou actos vandálicos nas instalacións.

Sacristán e Rioboo comprobaron os "importantes avances" conferidos ao sistema de bombeos que garantirán o seu funcionamento óptimo. "Dispoñemos dunhas estacións máis modernas, cun funcionamento óptimo e que ademais buscan a eficiencia enerxética", afirma o alcalde.

O goberno de Culleredo aposta por seguir realizando esforzos en contar cunha rede de tratamento de augas residuais que garanta o saneamento da ría e dos ríos do municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina