“DIAL8GA”: Lema da Campaña de Fomento da Igualdade 2009 de Culleredo

Cartel da campañaCon motivo da celebración do "Día Internacional da Muller Traballadora", o departamento de igualdade do Concello de Culleredo desenvolverá un conxunto de actividades conmemorativas que invitan a "dial8gar", tal e como mostra o slogan da campaña deste ano. Trátase de sensibilizar e transmitir a necesidade e beneficios que conleva a consecución dunha verdadeira igualdade entre mulleres e homes.

A campaña contempla as seguintes actividades:

1. Tertulia Radiofónica: "Avanzamos en Igualdade?".
Lugar: Radio Culleredo Hora: 11:00 H. Día: 12 de marzo.
Participantes:
• Carmen Varela Corbelle, concelleira de Igualdade do Concello de Culleredo.
• Un representante da Asociación de Homes Galegos pola Igualdade.
• Unha representante por cada Asociación de Mulleres de Culleredo.
• Fátima Uzal Trigo, Psicóloga do CIM de Culleredo.
2. XIV Cea homenaxe ás mulleres traballadoras de Culleredo.
Data: Venres 13 de marzo ás 21:30 H.
Lugar: Sporting Clube Casino de Culleredo.
Actuacións: Dúo Musical Alameda.
Colaboran: Asociación de Mulleres Alancada.
Asociación de Mulleres Rosalía de Castro.
Asociación de Mulleres A Xeca.
Asociación Mestura.
Asociación Criando.
3. Curso Formativo: "Xénero, saúde e sexualidade".
Data: 30 e 31 de marzo. Lugar: Pazo de Villamelania.
Horario: 18:00 a 19:30 H.
Duración: 3 H.
Destinatarias: Mulleres de Culleredo.
Docentes: Fundación Mujeres.
4. Obra de Teatro: "Eu de maior quero ser..."
Destinatarios/as: Alumnos/as de 6º de educación primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Data: Ao longo dos meses de marzo e abril.
Lugar: Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
Hora: Horario Escolar. Ficha Técnica: Compañía Caramuxo.
5. I Premio "Culleredo por máis igualdade".
Publicitarase unha convocatoria dirixida ás empresas nas que se premiará a aquelas que presenten políticas exemplarizantes en materia de igualdade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
6. Obradoiros: "Correspondemos na casa".
Lugar: Colexios públicos e concertado do Concello de Culleredo.
Destinatarios: Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.
Horario: Horario escolar.

Ver máis no arquivo que se achega.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
DIPTICO CAMPAÑA.pdf 471.89 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina