Culleredo Fomenta a Sensibilización dos Escolares sobre a Cooperación en Saúde

Culleredo inicia unha Mostra itinerante polos centros de ensino do Concello sobre a saúde e a axuda humanitaria na materia nos países do sur. A iniciativa atópase encadrada no "Proxecto de sensibilización e fomento da solidariedade en saúde" que desenvolve a Concellaría de sanidade.

A actividade amosará aos alumnos e alumnas en que consiste a cooperación ao desenvolvemento no eido sanitario, que actores interveñen e que finalidade pretende. Tamén conterá un exemplo práctico da labor que se pode realizar desde as ONGs. Nesta ocasión exporase a experiencia de Solidariedade Galega e os proxectos que desenvolve en Nicaragua e Perú.

A Mostra, que consiste nunha exposición fotográfica acompañada de textos informativos e materiais divulgativos, iniciarase no colexio de Tarrío o día 11 permanecendo ata o 19 de decembro, e proseguirá no resto de centros escolares públicos do concello a partires do 7 de xaneiro. Os centros contarán coa posibilidade de solicitar charlas complementarias.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina