Os escolares gobernan Culleredo por un día

143 alumnos e alumnas de 6º de primaria dos colexios de Tarrío, Ría do Burgo, Sofía Casanova e A Ponte Pasaxe, serán os partícipes directos do PLENO MUNICIPAL INFANTIL que se celebrará o venres día 5 de decembro no Salón de Plenos da Casa Consistorial, como acto conmemorativo do Día da Constitución 2008.

Os lugares de ocio, a integración das minorías étnicas e a poboación inmigrante, as melloras dos parques públicos, o vandalismo e as pintadas nas rúas etc, serán sometidos a debate e a aportación de propostas para ser votadas polos integrantes do goberno municipal de nenos e nenas de Culleredo.

Durante todo o mes de novembro, o alumnado, coa colaboración do profesorado, estiveron a traballar no proceso electoral para nomear aos concelleiros e concelleiras infantís que representarán aos seus compañeiros e compañeiras neste pleno.

Cada aula de 6º de primaria traballou ademais naqueles temas de ámbito municipal que son do seu interese para expoñelos e debatelos cos demais compañeiros e compañeiras que ese día asistirán en calidade de concelleiros e concelleiras infantís.

Os políticos "de verdade", tomarán boa nota das inquedanzas manifestadas polos veciños e veciñas de 11 e 12 anos que ese día, como bos demócratas, exercerán o seu dereito a participar nas institucións.

Nesta 9ª edición, o Pleno Municipal Infantil estará presidido polo alcalde de Culleredo e polo alcalde infantil do colexio A Ponte Pasaxe.

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina