Un microbús levará ó colexio Rías Altas ós alumnos de Augas Mansas mentras se executan as obras da Terceira Ronda.

Concello, representantes vecinais, da dirección do colexio Rías Altas e da empresa que executa as obras da Terceira Ronda mantiveron unha nueva reunión de seguimento para analizar os traballos que se están levando a cabo e estudar diversas actuacións complementarias para conciliar o desenrrolo dos traballos coa vida diaria dos veciños/as e alumnos/as del centro.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explicou ó remate da mesma que os veciños/as e dirección do centro, do mesmo xeito que o propio Concello, séntense razoablemente satisfeitos "polas medidas de seguridade coas que se executan as obras", a pesar dos problemas xurdidos hai uns días por unha voladura realizada nas obras que hai que considerar como un feito puntual que, a empresa, asegurou "non se vai a volver repetir". Neste sentido, os responsables da empresa indicaron que nestes momentos levan a cabo "micro-voladuras" ó longo da zona polo que consideran que non se van a volver producir situacións como a de hai uns días.
Os representantes da empresa explicaron que nesta fase das obras prevén escavacións a unha maior profundidade polo que instalarán un sistema de control de medición para evitar afectacións en vivendas. Outro dos acordos polos que os veciños e dirección do colexio expresaron a súa satisfacción foi pola posta en marcha dun servizo de transporte para os alumnos da urbanización, demandado á empresa construtora polo propio Concello. Aínda que se abriu por trazada da Terceira Rolda un paso para permitir o acceso de alumnos ao centro escolar, agora a comunicación mellorarase cun servizo de transporte, a través dun microbús, que realizase viaxes tres veces ao día entre Augas Mansas e o colexio Rías Altas. Será a dirección do colexio a que agora deseñe o percorrido e as paradas. A medida tamén beneficiará á empresa á hora de poder axilizar as obras na zona.

Valorouse por parte da dirección do centro a construción dunha nova pista polideportiva no colexio e as medidas postas en marcha polo Concello en canto á creación dun aparcadoiro disuasorio e os dispositivos especiais de tráfico que a diario se establecen no entorno do colexio tanto á hora de entrada como de saída.
En canto ás obras, os veciños foron informados que proximamente se deberá cortar ao tráfico a rúa Río Miño como consecuencia dunhas obras de canalización de auga e que, polo momento, non se poden determinar os días que se prolongará o corte xa que, segundo a empresa, gran parte dos traballos "deberán de realizarse a man en varias zonas".

A empresa explicou que, atendendo as peticións realizadas, executou varias obras de mellora e limpeza do río que pasa pola urbanización, algo que tamén destacaron os veciños, quenes, non obstante, demandaron un maior control en canto ás canalizacións das augas pluviais para que non afecten á urbanización. A petición será tida en conta pola empresa que revisará o sistema de canalización a pesar de ser provisional.
Sacristán indicou que Concello, veciños, dirección do centro e empresa volverán reunirse antes de Nadal para seguir realizando o seguimento dos traballos sempre e cando non se produza ningunha circunstancia que altere o normal desenvolvemento dos mesmos "que nese caso reuniriámonos de maneira inmediata", aclarou o rexedor.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina