Dentro do programa "O verán dos maiores" que propón a Concellaría de Benestar Social para os meses do estío, está previsto organizar para o vindeiro sábado 12 deste mes, unha viaxe ao Concello de Mondoñedo na que as persoas maiores socias do Centro municipal de Maiores e igualmente todas as persoas que o desexen, sempre que quedaran prazas baleiras, poderán coñecer a capital da mariña central e contemplar os monumentos do seu conxunto histórico artístico.
Ademais da visita á vila de Álvaro Cunqueiro poderase disfrutar dunha pequena estancia na finca Galea, antigo pazo restaurado rodeado dunha zona verde, na que descubrirán interesantes monumentos á auga e onde degustarán un menú típico.
Con esta actividade a concellaría de Benestar social, pretende ademais de dar a coñecer o patrimonio do noso país, contribuír ao seu compromiso co benestar dos maiores e en suma, da poboación cullerdense.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER