O Verán dos Maiores

Dende a Concellaría de Benestar Social e seguindo coa prioridade de darlle un maior benestar á cidadanía cullerdense e no que atinxe aos nosos maiores, contribuír a un envellecemento activo e en "darlle vida aos anos" como veño dicindo estes meses, imos presentar o programa de actividades para este verán 08.

Este vai ser o verán dos maiores porque ademais de compartir cos seus o tempo de vagar, de descanso á sombra, de conversa logo do xantar, de paseos á tardiña, .... vai haber tamén tempo para participar en actividades nas que ademais de relacionarse cos veciños e veciñas,e de pasalo ben, aprendemos cousas novas.

XUÑO:
Mostra de "Bailes do mundo", intercambio co Concello de Abegondo, no Burgo.

Charla "Prevención de caídas" en Tarrío, Celas e O Burgo; dentro do obradoiro "Coido o meu corpo".

Actividades no Día da Familia.

Roteiro do Val de Veiga e encontro de Vicepresidencia: "Lecer para maiores"

Exposición de traballo do obradoiro "Exprésome" en O Burgo, Sueiro, Boedo, Tarrío Bregua e Orro.

Obradoiro de radio: "O saber que dan os anos" en O Burgo, Sueiro, Boedo, Tarrío e Radio Culleredo.

XULLO:

Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío, O Burgo.

Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío, O Burgo.

Teatro de maiores para a infancia, na escola infantil Municipal e no Campamento Urbán do Burgo.

Teatro de maiores no Conservatorio do Burgo.

Obradoiro "Exprésome: Exposicións de traballos" en Vilaboa, Celas, Ledoño e Castelo.

Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro, Ledoño.

Obradoiro de xogos populares: petanca en Vilaboa.

Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.

Excursión en tren.

Roteiro mariñán e plantación de árbores.

Obradoiro de radio "O saber que dan os anos" en O Burgo, Tarrío, Ledoño, Vilaboa e Radio Culleredo.

AGOSTO:

Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.

Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.

Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro e Ledoño.

Obradoiro de "Xogos populares" en Vilaboa.

Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.

Excursión (por determinar)


SETEMBRO:

Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.

Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.

Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro e Ledoño.

Obradoiro de "Xogos populares" en Vilaboa.

Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.

Charla "Envellecemento activo e saudable: o exercicio físico, a alimentación sana" en Orro, Castelo e Vilaboa.

Programa de radio en Radio Culleredo.

Festa de despedida do verán.

Información e inscrición no teléfono 981 665 335 ou persoalmente no Centro Social Sara Vázquez (Casa Rosa) - O Burgo

Tamén no teléfono 981.654570.
Horario:
De luns a venres de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 21:00

Ver os arquivos que se achegan

Vista previaAdxuntoTamaño
O Verán dos maiores ext.pdf 329.55 KB
o verán dos maiores int.pdf 382.22 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina