Culleredo celebra o “XIV Encontro Folclórico Ancoradoira”

O sábado día 17 de maio, a partir das 19:00 horas, na Praza de Galicia do Burgo, celebraranse o "XIV ENCONTRO FOLCLÓRICO ANCORADOIRA".

O público asistente poderá disfrutar dun festival folclórico organizado pola Agrupación Ancoradoira de Culleredo, que ten unha ampla traxectoria neste concello pois vai xa pola súa XIV edición. Nesta ocasión contarase coa presenza dos seguintes grupos:

1.- GRUPO ES REBOST DE MAHÓN ( MENORCA), que, aparte de favorecer o ensino e difusión do folclore menorquín, son pioneiros na investigación sobre a indumentaria menorquina dos séculos XVIII e XIX.

2.- ESCOLA DE MÚSICA E BAILE AS MARIÑAS (CAMBRE). Naceu no ano 1979 e neste momento interpretan xotas, muiñeiras, maneos, pandeiradas etc, dispoñendo dun amplo vestiario en traxes de faena e de festa da comarca.

3.- ESCOLA MUNICIPAL DE BAILE GALEGO DE CULLEREDO. Formada por 50 rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos. Esta escola, dirixida por Anxeles Rodríguez e a nova canteira da Agrupación Ancoradoira. Está dividida en grupos con moito talento, a pesar da súa corta idade, como son os Chícharos, os Triquilleiros ou as Subelas.

4.- E, por ultimo, a AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA ANCORADOIRA, organizadora deste novo festival. Esta agrupación busca o recoller, manter, espallar e fomentar a riqueza folclórica e cultural de Galicia. Nos seus 18 anos de existencia, teñen realizando un gran número de actuacións por toda a xeografía peninsular, ademais de en Irlanda, Reino Unido, Portugal, Moscú ou San Petersburgo.

Se o tempo estivera chuvioso, o festival trasladaríase ao Edificio de Servizos Múltiples.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina