Concerto dos Finalistas da fase autonómica do VI Festival Nacional Intercentros Melómano

O vindeiro mércores 14 de maio de 2008, terá lugar no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Culleredo, no salón de actos Gustav Mahler un "Concerto dos Finalistas da fase autonómica do VI Festival Nacional Intercentros Melómano" as 20.00 horas, é de entrada libre.

Actuará a ganadora do devandito festival Dona Rosalía Gómez Lasheras (pianista), natural de Santiago de Compostela e nada no ano 1994, con esta idade tan tempra xa conta con varios premios:

Primeiro premio da CCAA de Galicia no "Certame nacional Inter centros Melómano", en novembro do 2007; Primeiro premio, categoría infantil, no VIII Concurso Rexional de Piano para xóvenes intérpretes, en novembro do 2005; Primeiro premio, categoría alevín, no II concurso autonómico de Piano, en maio do 2005; Premio da Asociación Galega de Compositores, no II Concurso autonómico de Piano, en maio do 2005; Segundo premio, categoría infantil, no VII Concurso rexional de Piano para xóvenes intérpretes, en novembro do 2004; Diploma de Honor obtido pola súa participación no Concurso Nacional de Piano, Compositores de España, no ano 2005.

Tamén actuará o terceiro clasificado Don Pablo Díaz Mera (flautista), acompañado por piano, natural de Ferrol e nado no ano 1991, comeza os estudos de frauta da man do profesor César Concheiro no Conservatorio de Ferrol. Asistiu aos cursos de perfeccionamento e recibiu clases maxistrais de frautistas. Resultou ganador do I, II e IV concurso de solistas do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol dos anos 2005, 2006 e 2008. Resultou finalista do concurso internacional Traveseira S.XXI do ano 2006 e 3º clasificado na Fase Autonómica do VI Certame Nacional de Interpretación "Intercentros Melómano" na categoría de Grao Medio, para representar a Galicia. Na actualidade continúa os seus estudos de frauta en 5º curso de Grao Medio no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol co profesor Miguel Gil.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina