As medidas contra o absentismo e o fracaso escolar constitúen unha prioridade nas políticas sociais e educativas do Concello de Culleredo. Esta aposta acaba de ter o recoñecemento do Ministerio de Educación e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
O Concello de Culleredo denuncia un novo recorte no cadro de profesores de apoio (Pedagoxía Terapéutica) no CEIP Isaac Díaz Pardo do Burgo, dado a coñecer a pasada semana pola Consellería de Educación. Para o goberno municipal isto supón unha diminución para a atención dun alumnado con claras necesidades específicas.
Culleredo e a rexión italiana de Calabria presentaron en rolda de prensa os resultados do proxecto conxunto "Schoolab" desenvolvido desde 2013 co obxectivo común de combater o absentismo escolar. Técnicos de España e Italia reuníronse en Vila Melania para analizar os resultados logrados do traballo de dous anos.
No seu traballo de apoio á educación, o Concello de Culleredo lanza un programa formativo para os adultos, especialmente os mozos, que abandonaron os estudos sen finalizar secundaria. Trátase do programa SuperaT, que terá lugar durante o verán.
Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo. Son uns 700 escolares os que participan.
O Concello acaba de recibir da Xunta os datos de matrícula nas tres escolas infantís do municipio: son 251 pequenos os que quedan en lista de agarda. O goberno local defenderá a apertura dunha cuarta escola.
O Concello de Culleredo está moi sensibilizado coa problemática do absentismo escolar e por iso emprendeu o proxecto Schoolab en conxunto coa rexión italiana de Calabria. A delegación cullerdense desprazouse ata o país italiano para celebrar xornadas de traballo para desenvolver estratexias que freen o absentismo.
O Concello de Culleredo xa ten en marcha as obras de urbanización da parcela que acollerá un novo colexio de educación infantil e primaria. Sitúase na avenida de Rutis, entre Vilaboa e O Burgo, e o proxecto ten como obxectivo dotar ao terreo dos servizos necesarios para a construción do centro de ensino.
O Concello de Culleredo abriu as súas portas aos máis pequenos do municipio. Os escolares, de 4º de educación primaria, iniciaron hoxe o programa de educación constitucional promovido polo goberno local para facerlles chegar a forma de traballar da administración municipal.
O salón de plenos de Culleredo viviu o venres a súa reunión máis ilusionante e multitudinaria. O Concello organizou a XV edición do pleno infantil coa participación de 210 alumnos de 6º de Primaria dos CEIP de Tarrío, Ría do Burgo, Sofía Casanova e CPR Ponte Pasaxe.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER