O Concello de Culleredo continúa a súa aposta firme por loitar e cernar o absentismo escolar dos centros do municipio e durante estes días está a demostrar a dinámica de funcionamento do seu programa pioneiro a docentes de Calabria, o municipio italiano co que xa se elaboraron diversas colaboracións no pasado.
Presentamos as 'Mañás de campamento' do Concello de Culleredo. As familias interesadas poden imprimir a ficha para entregar do día 22 de abril e ata o 3 de maio, ambos os dous incluídos, ao Servizo Municipal de Educación no Edificio de Servizos Múltiples.
O Concello de Culleredo informa de que a Consellería de Educación designou o CEIP Sofía Casanova, en Vilaboa, como punto de recepción para as solicitudes de praza para o novo CEIP, que se constrúe na avenida de Rutis e que abrirá as súas portas para o curso 2018 -2019. O Concello transmite esta información de cara a facilitar ao máximo aos veciños o acceso á nova instalación educativa.
O Pleno Infantil de Culleredo viviu hoxe a sesión máis multitudinaria dos seus 18 anos de historia. Tanto é así que esta vez celebrouse no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples para poder acoller os 273 escolares de 6º de primaria do CEIP Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova, Ría do Burgo, Tarrío e o Ponte Pasaxe.
Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.
O goberno de Culleredo aproveitou os meses de verán para acometer un plan de mellora dos colexios, escolas unitarias e escolas infantís do municipio con obxecto de que as instalacións estean preparadas no inicio do novo curso. Utilizando o período vacacional evitáronse molestias no desenvolvemento da actividade docente que empeza hoxe. O investimento municipal superou os 60.000 euros.
Os pequenos do Centro Rural Agrupado de Culleredo (CRA) estrearon hoxe o seu propio Museo de Historia, bautizado co nome de "MUCRA". Permanecerá aberto aos veciños desde o 30 de maio ata o 2 de xuño, en horario de 17:00 a 20:00. Está situado na Casa dos Caseiros de Vila Melania, Vilaboa.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER