Desde o luns 21 e ata o mércores día 30 de abril, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos que cada verán organiza a Concellería de Educación. Nesta edición, décimo quinta, os campamentos desenvolveranse desde o 23 de xuño ata o 29 de agosto.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañados de dous representantes da ANPA do municipio, desprazáronse onte a Santiago para celebrar unha reunión co secretario xeral de Educación sobre o futuro do prometido novo instituto de Educación Secundaria.
O Concello de Culleredo organiza a segunda edición do Obradoiro de lingua de signos, nun nivel básico. Tratarase dunha acción formativa totalmente gratuíta, que se desenvolverá entre o 21 de abril e o 5 de maio no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo pon á disposición das nais e pais de escolares, e da veciñanza en xeral, os rexistros elaborados polas ANPA para presentar mañá martes, 9 de abril, no rexistro xeral da Xunta de Galicia. O obxectivo é demandar masivamente a construción do comprometido e necesario instituto de Educación Secundaria por parte da Xunta.
O Concello de Culleredo lanza o programa "Supérate", un conxunto de clases de apoio para a preparación das probas libres de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Está dirixido aos mozos que no seu día abandonaron os estudos.
Ata o 20 de marzo permanece aberto o prazo para a presentación das solicitudes de admisión correspondentes ao curso escolar 2014-2015. Para apoiar ás familias cullerdenses neste procedemento, o Concello de Culleredo ofrece información e asesoramento desde a Concellería de Educación.
Culleredo e a rexión italiana de Reggio Calabria iniciaron o proxecto Schoolab. Está participado polo Concello, o IES Blanco Amor e a ONG Mestura por parte española, e pola Deputación de Reggio Calabria, o instituto Magistrale Gulli, e a asociación Pronexus, por parte italiana. A súa finalidade: desenvolver estratexias conxuntas para afrontar o absentismo escolar.
O Concello de Culleredo quere mostrar a súa "seria e profunda preocupación" pola falta de noticias da Xunta de Galicia achega do futuro instituto de Educación Secundaria para o municipio, unha petición reiterada polo goberno local e a comunidade educativa desde hai moitos anos.
Os nenos revolucionaron a casa consistorial de Culleredo. O Concello abriu as súas portas aos escolares, na actividade denominada “A Constitución e a administración local”, organizada pola Concellería de Educación, para achegar a administración de forma didáctica aos rapaces.
O Concello de Culleredo inicia por primeira vez un programa de educación na convivencia. Abordará as habilidades sociais básicas, poñendo énfase nos aspectos que máis requiren unha formación, de acordo cos docentes. Participarán 569 alumnos dos colexios Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío, Ponte Pasaxe e o IES Eduardo Blanco Amor.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER