Cultura

Culleredo organiza a Feira de Artesanía o 17 de maio con 83 postos e un programa de actuacións

O Concello de Culleredo celebra á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro. Haberá durante a xornada actuacións musicais e espectáculos de maxia e teatro.

Reapertura da Biblioteca Municipal de Vilaboa

O Concello de Culleredo informa de que o próximo día 1 de setembro abrirase de novo a Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, situada en Vila Melania. O horario será de 9.00 a 14.00 horas. 

Propostas culturais para o confinamento: número 4

O Concello de Culleredo achega unha nova serie de propostas de lecer para quedar na casa. Nesta ocasión, as ideas abranguen os ámbitos das redes, pintura, cinema, debuxo e teatro.

Propostas culturais para o confinamento: número 3

O Concello de Culleredo publica unha nova achega de propostas culturais para o confinamento. Nesta ocasión recompilamos actividades de cinema, internet, contos, cómic e música.

Segundo reto Cullerchef

Xa chega o segundo reto Cullerchef! Para participar nel só tes que ter menos de 12 anos e moitas ganas de pasalo ben! 

Peche temporal da Biblioteca do Burgo por obras de remodelación

A Biblioteca Municipal do Burgo pechará temporalmente a partir deste luns, 16 de setembro, polo próximo inicio das obras de remodelación que acometerá o Concello de Culleredo. Os usuarios, mentres duren as obras, serán atendidos na Biblioteca Municipal de Vilaboa a partir do próximo día 20 de setembro. O horario será de luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. O Concello lamenta as molestias que se orixinarán por este motivo.

Aberta a inscrición no programa Cullerchef para este segundo trimestre de 2019

O Concello de Culleredo convoca unha nova edición do seu programa Cullerchef, de cociña saudable, para o segundo trimestre deste ano 2019. A inscrición pode efectuarse desde hoxe 22 de abril ata cubrir prazas.

O cantautor Pepe Piña ofrece un concerto o venres no auditorio de Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo continúa coa súa programación cultural gratuíta. Este venres, 14 de xullo, o cantautor Pepe Piña ofrecerá un concerto no auditorio do Edificio de Servizos Múltiples. Será ás 20.30 horas, con entrada libre.

A praza da Igrexa acolle a primeira edición do VilaboaRock

O Concello de Culleredo, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza hoxe xoves, 6 de xullo, a primeiro edición do VilaboaRock. O festival celebrarase na praza da igrexa a partir das 21.30 horas. O cartel estará formado pola Banda del Camión, Riff Raff e Metal Tribute.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina