Culleredo organiza a Feira de Artesanía o 17 de maio con 83 postos e un programa de actuacións

O Concello de Culleredo dará a benvida á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. O alcalde, José Ramón Rioboo; a concelleira de Cultura, Penélope López e Pablo Bouza, responsable da área, presentaron os pormenores deste evento no Edificio de Servizos Múltiples. 

 

Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro.

 

Sobre as 12:00 horas, actuacións folclóricas a cargo de Ancoradoira e Catalmibre amenizarán a xornada matinal. O Mago Antón encherá a praza de Galicia con “Mil maxias máis”, un espectáculo con pases pola mañá e pola tarde. 

 

Dani García, tamén mago, volve a Culleredo para executar “Museo Imposible”, desde as 17:00 ata as 20:00 horas nun espectáculo que non deixará indiferente a ninguén. Xa por último, “A Discocleta do Señor Lilí” estará en praza Europa desde as 18:00 horas. Un antigo triciclo dos anos 60 que se dedicaba á repartición de leite transfórmase agora para dar vida a un proxecto enfocado a todos os públicos, pensado para facer vibrar ás persoas presentes con formatos sonoros antigos. 

 

“Hoxe estamos aquí, no Edificio de Servizos Múltiples, epicentro da cultura no noso municipio, para presentar unha Feira de Artesanía moi concorrida”, comezou o alcalde. “O pasado ano xa a celebramos nun contexto complexo, e quero destacar a confianza que en Culleredo depositan anualmente decenas de artesás e artesáns para ofrecernos os seus mellores produtos. Isto é un traballo en consonancia con todo o departamento de Cultura e oxalá sexa unha excelente xornada, que confío que así será”, sinalaba Rioboo. 

 

Penélope López, concelleira de Cultura, comezaba dicindo que “tras o éxito en Entroidos con Dani García e Gadalka, quixemos apostar novamente por espectáculos para todos os públicos e que, á vez, non se viron en Culleredo”, salientou, convidando a “todas as veciñas e veciños a acudir á praza Europa tanto pola mañá como pola tarde para pasar unha estupenda xornada”. 

 

Pola súa banda, Pablo Bouza, responsable da área de Cultura, remarcou que “unha Feira de Artesanía con 83 postos non é algo menor, creo que debemos pór en valor o traballo das persoas que a conformarán, xa que fan cousas completamente marabillosas”.

Vista previaAdjuntoTamaño
cartel_feira_artesania.pdf629.8 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina