Culleredo convoca o Campamento de Nadal 'Tormenta branca' que se celebrará do 23 de decembro ao 5 de xaneiro de 2023

O Concello de Culleredo convoca o Campamento de Nadal ‘Tormenta branca’, que acollerá o Vila de Rutis do 22 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro de 2023. Está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos e as inscricións poderán formalizarse entre o 28 de novembro e o 2 de decembro de 2022.

Terán preferencia os nenos e nenas empadroadas en Culleredo. Os días de actividade serán o 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro; e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro de 2023. Os prezos van desde os 42 euros aos 167, en función da modalidade escollida, dado que existe ao dispor das familias a posibilidade de almorzar, comer ou almorzar e comer no mesmo.

A matrícula farase coa entrega do boletín no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 9:00 a 14:00 horas. Está limitado a 80 prazas e para a matrícula de nenos e nenas con diversidade funcional, é necesario consultar as condicións de inscrición. Celebrarase unha reunión informativa o xoves 15 de decembro en Servizos Múltiples, para quen así o desexe poida resolver todos os interrogantes que se lle presenten.

Esta actividade basearase en xogos e accións divertidas e entretidas, que traballarán á súa vez valores, hábitos de vida saudable, reciclaxe e coidado do medio ambiente, así como a creatividade dos nenos e nenas rexistrados.

 

Boletín de matrícula adxunto nesta nova.

Vista previaAdjuntoTamaño
folleto_manas_de_campamento_2022.pdf175 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina