A asociación de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), coa colaboración do Concello de Culleredo, organiza unha xornada informativa sobre a enfermidade. Será o xoves 2 de xuño ás 18.00 horas en Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo organiza o vindeiro domingo, 5 de xuño, a V Carreira pola Ría do Burgo. A inscrición está aberta ata o mércores 1 de xuño, en categorías desde os máis pequenos aos veteranos.
O Concello de Culleredo lanza campamentos de verán destinados especificamente á mocidade. Serán nas dúas primeiras semanas de xulio e totalmente gratuitos, con actividades innovadoras pensadas para a xuventude.
O Concello de Culleredo informa do traslado da oficina de atención ao cliente por parte da empresa que xestiona o servizo de abastecemento e saneamento. Segundo indica Gestagua, a atención efectuarase desde hoxe luns na rúa Irmáns Suárez Ferrín número 4, baixo dereita.
O Concello de Culleredo lanza os seus campamentos urbanos musicais. Celebraranse en xulio e agosto. A inscrición comeza o luns 23 de maio no Edificio de Servizos Múltiples.
O Concello publica os resultados da xornada primeira e o calendario da segunda, que terá lugar o venres 6 de maio.
Publicación das listaxes provisionais de admitidos/as e de agarda da XVII Mañás de campamento: campamentos que concilian 2016.
O Concello de Culleredo publica o calendario de matrícula no Conservatorio Profesional de Música para o curso 2016 - 2017.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER