A Empresa Municipal de Augas da Coruña vén de comunicarlle ao Concello de Culleredo que realizará este martes, 19 de novembro, unha importante obra de cara á construción dun novo depósito en Alvedro.
A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a campaña de inverno 2020 con actividades na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro.
O 30 de novembro, a Aula de Natureza "Juan Lembeye", no Xardín Botánico do Burgo, acollerá o aniversario da morte da persoa que lle dá nome.
O Concello de Culleredo conmemora un ano mais o Día internacional contra a violencia de xénero, este 2019 baixo o lema “ A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo: cambiémolo educando en igualdade”
Este domingo, 17 de novembro, goza da obra 'Cartos non hai', da compañía de teatro da Escola Municipal do Concello de Zas.
Mañá, venres 15 de novembro, o Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples acollerá a representación da obra 'Anónimas 18', de Ditirambo Teatro Coruña.
Asistir a este evento é de balde, e poderedes recoller as invitacións desde unha hora antes do comezo da función.
Pensada para público maior de 12 anos. Comezará ás 20:30 horas.
Por mor do temporal que está a afectar a toda Galicia, quedan suspendidas TODAS as actividades deportivas ao aire libre do Concello de Culleredo.
Pecharase o acceso de parques e xardíns do municipio, por risco de caída de pólas.
Rogamos que extremen as precaucións, e que se dé aviso no 112 se hai rexistrada algunha incidencia.
Grazas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER