Acea de Ama acolleu hoxe o '3º Trofeo Culleredo' de #Ciclocross, nunha proba que reuniu a máis de 400 participantes, o que supón todo un récord de asistencia desde que se leva organizando esta competición.
O Concello de Culleredo prepara unha nova edición do 'Curso de Poda e Enxertos', para o que a preinscrición estará aberta do 4 ao 8 de novembro, e para o que se necesitaría un mínimo de 10 persoas inscritas.
Vén a Culleredo a vivir a Gran Festa do Magosto 2019, o vindeiro sábado 9 de novembro a partir das 18:00 horas.
Culleredo xa se prepara para acoller a celebración do '3º Trofeo de Culleredo', que terá lugar o vindeiro día 1 de novembro no complexo deportivo de Acea de Ama.
O venres 29 de novembro, a Biblioteca Cardeso Liñares será testemuña do contacontos da Dragona Ramona 'Daniela Pirata'.
O venres 22 de novembro terá lugar un obradoiro de Coroas Outonais, na Biblioteca Cardeso Liñares de Vilaboa.
Vive un Samaín arrepiante en Culleredo. Estas serán as actividades que nos depararán os vindeiros días, relativas a esta festividade:
Este venres, 25 de outubro, chega a Culleredo a obra 'Hoxe toca rir', da man da compañía Teatro Semente.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER