O vindeiro luns, 5 de decembro de 2011 ás 20:00 horas, realizarase un concerto didáctico de piano no auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Profesional de Música, coa participación de alumnos e alumnas de Grao Profesional que interpretarán obras de diferentes estilos e épocas traballadas ao longo deste trimestre.
“Frear a transmisión do VIH é cousa nosa” foi o lema escollido polo Concello de Culleredo con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA. O goberno local lanzou unha campaña divulgativa co obxecto de sensibilizar á poboación sobre o VIH para dunha banda sensibilizar á poboación xuvenil sobre as prácticas de risco, e doutra banda informar á cidadanía sobre a posibilidade da realización de probas de detección rápida de VIH en saliva.
O Concello de Culleredo celebrou, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha concentración na praza de Europa do Burgo. Máis de medio centenar de persoas, entre as que se encontraban representantes do goberno local e dos grupos políticos, dixeron non á violencia de xénero.Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER