O Concello inicia unha acción formativa para ensinar a manexar o móbil. Nas sesións, que se celebran no Burgo e en Vilaboa, abordaranse conceptos como a mensaxería, o uso da cámara do terminal, a creación de contactos de emerxencia, ou as aplicacións de internet.
Os maiores de Culleredo levan as súas obras de teatro aos máis pequenos do municipio. O Grupo de Teatro Interxeneracional actuará entre o 14 e o 28 de marzo nas escolas infantís e nos centros Aspanaes da Coruña e de Castelo.
O Concello de Culleredo presentará o venres 16 de marzo, ás 20.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o libro "Xaime Quintanilla Martínez: vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República", editado pola Fundación Luís Tilve.
BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CULLEREDO
PROGRAMACIÓN INFANTIL
VENRES 16 DE MARZO:
Biblioteca “Miguel González Garcés” (O Burgo-Culleredo): 18.30 horas.
Obradoiro de Contos: La reina de los mares.
Nenos/as a partir de 4 anos. (Previa inscrición).
ASEMBLEA DO CENTRO DE MAIORES
Sabado 24 de marzo.
10.00 Asemblea no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Logo, viaxe a Pontedeume. Visita ao feirón e comida-baile.
Inscricións até o 15 de marzo a través dos delegados parroquiais ou na Casa Rosa.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER