O Concello de Culleredo recibe esta semana un tráiler dotado de cociña no que se realizarán cursos de formación e showcookings. Será o vindeiro xoves, 6 de setembro, no recinto multiusos do Burgo, no paseo marítimo. Para participar nalgunha das actividades é necesario apuntarse previamente na Concellaría de Consumo ou no propio camión o mesmo xoves.
O Concello de Culleredo incrementa a súa presenza en internet coa estrea dunha conta na rede Twitter. A conta oficial é @ConcCulleredo e nela irase informando das novidades que se xeneren no municipio.
O Concello de Culleredo abre a convocatoria de uso dos polideportivos municipais para a tempada 2012-2013. O prazo queda aberto atá o vindeiro 19 de setembro. Os interesados poden dirixirse á Concellaría de Deportes no 981 665 597 ou en deportes@culleredo.org.
O Concello de Culleredo celebrou este mes de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. O Olímpico de Rutis resultou gañador de ambas competicións.
O Concello de Culleredo informa de que o prazo para a preinscripción na Sección da Escola Oficial de Idiomas de Culleredo remata o vindeiro día 12 de Setembro. Toda a información en: http://www.edu.xunta.es/centros/eoicoruna/category/11/46
O Concello de Culleredo participa nunha actividade formativa transfronteiriza sobre hábitos de vida saudables para os maiores. Atópase enmarcada nunha iniciativa do Fondo de desenvolvemento rexional europeo (FEDER), organizada pola Universidade do Minho en Braga-Portugal.
A Festa da Pintura “Pintor Argüelles tivo lugar o domingo 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizaron os seus traballos pictóricos na contorna natural da instalación.
O Concello de Culleredo volveu a congregar a centos de persoas no recinto multiusos do Burgo coa estrea da Concentración Tuning "Ría do Burgo". Puidéronse atopar coches de todas as cores, con diferentes aperturas de portas, equipos de son, neóns, etc. O concelleiro de Dinamización Local, Isidro Taibo, comprobada a gran afluencia de público e o nivel dos vehículos participantes, anuncia a ampliación da cita para o próximo ano.
O Concello de Culleredo celebra entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio.
O vindeiro sábado 25 terán lugar no campo de fútbol de Rutis as finais dos torneos de Fútbol Veterán e Fútbol Afeccionado, que congregan a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A primeira comezará ás 16.15 horas e a segunda será posteriormente, entorno ás 18.00 horas.