Culleredo soa en 44.05: actuación de “Artemis Ensemble”

Fecha : 
15/02/2018 - 19:00
No Conservatorio de Música de Culleredo, ás 19 horas: Culleredo soa en 44.05: actuación de “Artemis Ensemble” (con músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia), nun programa con obras de Beethoven e Nielsen. Entrada libre.

Festa de Entroido en Ledoño

Fecha : 
12/02/2018 - 18:00
No Centro Social Ledoñés celebrarán a súa festa de Entroido o luns, 12 de febreiro. 
 
O evento comezará ás 18 horas e os máis pequenos poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe e haberá animación infantil.

Festa infantil do Entroido en Celas

Fecha : 
13/02/2018 - 18:00
A ARC O Cruceiro organiza o vindeiro martes, 13 de febreiro, unha divertida festa infantil de entroido.
 
Haberá un taller de animación e maquillaxe, disfraces, merenda...

Festa de Entroido en Orro

Fecha : 
10/02/2018 - 18:00
Este sábado, 10 de febreiro, hai unha festa de #entroido en Orro.
 
A partir das seis da tarde, no Centro Cívico, os máis pequenos poderán participar no #concurso de disfraces, gozar dunha variada merenda e, sobre todo, pasalo moi ben.
 
Tamén haberá música para bailar ata que o corpo aguante.

Unidade móbil de doazón de sangue no Burgo

Fecha : 
12/02/2018 - 09:30 - 21:00
Unidade móbil de #doazón de #sangue na Praza Europa do Burgo:
 
? Horario: de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21 horas.
 

Convocatoria de prazas no proxecto de hortos urbanos na ría do Burgo

O luns 5 de febreiro arranca o prazo de inscrición para a participación no proxecto de formación para a sostenibilidade ambiental de plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Xardín Botánico Ría do Burgo 2018-2019.

Programa de actividades infantís para febreiro nas bibliotecas municipais

Xa se publicou o programa de actividades infantís de febreiro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa).

Contacontos coa Dragona Ramona: A máscara do león.

Fecha : 
02/02/2018 - 18:30
Na Biblioteca González Garcíes do Burgo, a partir das 18.30 horas, Contacontos coa Dragona Ramona: A máscara do león.
 
A partir de 3 anos. Entrada libre.

5ª edición de Batutas e Bastóns.

Fecha : 
30/01/2018 - 19:00
No Conservatorio de Música de Culleredo ás 19 horas terá lugar a 5ª edición de Batutas e Bastóns. O persoeiro invitado será o británico Paul Daniel, Director da Real Filharmonía de Galicia. Participará tamén Sabela García Fonte, nova directora técnica da RFG. Entrada libre.

Entroido en Veiga 2018

O luns 12 de febreiro celebrarase o tradicional e multitudinario Entroido en Veiga no que haberá misa, disfraces, comida, animación, música e moitas ganas de pasalo ben.
 
 
 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina