Mañá, venres 13 de abril, na Praza de Galicia do Burgo ás 19:30 horas: 87º aniversario da II República, homenaxe ás mulleres represaliadas polo franquismo.
Tamén haberá unha ofrenda floral no monumento ao Guernika.
Concerto exprés de saxofón e piano, Diego Torreiro e Beatriz Vázquez. Xoves 12 de abril ás 18:30 horas no hall da planta C do Conservatorio. Entrada libre.
Concerto exprés de saxofón e piano, Diego Torreiro e Beatriz Vázquez. Xoves 12 de abril ás 18:30 horas no hall da planta C do Conservatorio. Entrada libre.
Leo Bassi chega ao Concello de Culleredo co seu espectáculo 'El último bufón', no que o cómico de orixe italiana repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral.
A actuación terá lugar o venres 20 de abril a partir das 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
A entrada é gratuíta e os pases poderán recollerse no propio edificio desde as 19:30 horas.
O Concello de Culleredo e a Fundación “Gas natural Fenosa”, impartirán o luns 9 de abril 3 talleres informativos dirixidos a toda a cidadanía. Os talleres teñen como obxectivos os de aprender a ler e optimizar a factura de luz e gas natural, establecer hábitos de consumo eficientes, e coñecer as axudas que hai a disposición dos/as veciños/as.
O Concello de Culleredo convoca os seus campamentos de verán para nenos e nenas, cos que pretende favorecer a conciliación da vida laboral e familiar para a época estival. Estas actividades estarán orientadas a fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e outras dinámicas grupales rexidas polos valores de cooperación, respecto, igualdade e apoio mutuo.
O vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, terá lugar outra edición máis da Feira de Artesanía do Concello de Culleredo, que se celebrará na Praza Europa do Burgo.
Para poñer un posto na feira é imprescindible cubrir a ficha de inscrición (unha por posto) e enviala con tres fotos dos productos a comercializar ao correo cultura@culleredo.es
As solicitudes poderán entregarse desde o 9 ao 22 de abril.