O Concello de Culleredo proporá dedicar o paseo marítimo a Julio Sacristán

O Concello de Culleredo proporá que o paseo marítimo da ría do Burgo pase a denominarse "Paseo Marítimo Alcalde Julio Sacristán", en recordo a quen foi rexedor do municipio durante 34 anos e unha figura clave na transformación urbana, social e económica.
 
Do mesmo xeito que co antecesor de Sacristán, Domingo Sierra, ao que se lle dedicou unha rúa en Vilaboa, a decisión adoptaríase como recoñecemento ao seu legado e en resposta ao clamor popular que estes tristes días tamén pedía un espazo no rueiro na súa memoria.
 
No caso de Sacristán, o goberno local aposta por dedicarlle o paseo marítimo dado que constituíu unha das grandes revolucións urbanas de Culleredo grazas ao seu impulso decisivo, converténdoo nun dos espazos máis emblemáticos e queridos do municipio.
 
O alcalde, José Ramón Rioboo, destaca que esta iniciativa "nace do respecto e do agarimo dun pobo que non esquece o compromiso incansable de Julio Sacristán con Culleredo". O primeiro edil sinala que "ninguén mellor que el representa o espírito aberto, integrador e de futuro que ofrece o paseo".
 
A proposta do Concello será levada ao Pleno municipal, coa vontade de que poida ser acordada entre todos os grupos municipais, un espírito que especialmente apreciaba Julio na súa visión da política. En principio elevarase á sesión marcada para o mes de setembro.
 
Con este xesto, o Concello de Culleredo quere manter viva a memoria de quen durante décadas traballou con dedicación e visión para facer do municipio un lugar mellor para vivir.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina