NOVA REUNIÓN ADXUDICACIÓN PRAZAS 1° GRAO ELEMENTAL CURSO 2025/26
Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.
Non é necesario que acuda o aspirante, pode presentarse calquera persona na súa representación.
A non asistencia á reunión implica a perda do dereito a escoller instrumento nesta adxudicación de vacantes.