Dispositivo especial de seguridade polas Festas de Vilaboa

Vilaboa vive desde o 11 ao 15 de xullo seus festexos patronais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, ademais do 061.
 
Será un plan de seguridade coordinado, centrado na atención ao cidadán e na regulación do tráfico. O Concello reforzará todos os días as quendas dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Emerxencias en horario nocturno, cando se concentra un maior número de asistentes ás festas.
 
O Concello dispón nestas festas dun sistema de videovixilancia para reforzar a seguridade, controlado desde o posto de mando avanzado. Este está dotado de varios postos de traballo e monitores para seguir as imaxes das cámaras que se instalarán na zona.
 
O obxectivo primordial do dispositivo de tráfico será a seguridade do peón. Por iso prohibirase o estacionamento na zona das festas e amplíase o espazo peonil con valos. Para lograr un paso seguro entre a praza da Igrexa e a zona das atraccións, onde haberá maior trasfega, efectivos de seguridade estarán permanentemente regulando o paso de peóns da avenida.
 
Todos os días, desde as 18.00 horas, a rúa Senra, Alejandro Pérez Lugín e a avenida de Cordeda permanecerán cortadas. O acceso residencial á parte de atrás da praza e a Gómez Pérez dás Mariñas será a través da rúa Breogán.
 
Para facilitar a accesibilidade, o Concello establecerá zonas para o estacionamento de persoas con mobilidade reducida. Na rúa Pérez Lugín haberá tamén un espazo reservado para taxis e na rúa Breogán para ambulancias.
 
Fronte á igrexa instalarase a carpa de Emerxencias e o Punto Violeta, que estará atendido por dous profesionais especialistas para ofrecer atención ante posibles casos de acoso ou agresión sexista, ademais de resolver dúbidas e proporcionar toda a información desexada na materia.
 
APP Código Violeta
 
Este ano, o Concello de Culleredo adopta unha nova medida de seguridade para as festas patronais máis multitudinarias. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
 
A APP, denominada Código Violeta, está especialmente pensada para posibles vítimas de agresión ou acoso sexual, pero é extensible a outros supostos de risco que poidan sufrir os asistentes.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina