O Concello de Culleredo adopta unha nova medida de seguridade para as festas máis multitudinarias. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
A APP, denominada Código Violeta, está especialmente pensada para posibles vítimas de agresión ou acoso sexual, pero é extensible a outros supostos de risco que poidan sufrir os asistentes.
Accede á web de Código Violeta para descargar a APP.
A aplicación dispón dun “botón do pánico” que pulsándoo tres segundos envía a notificación da xeolocalización ao Posto de Mando Avanzado que instalará o Concello de Culleredo nas festas. Este posto, estreado o ano pasado, conta con pantallas para visualizar as cámaras de vixilancia e así seguir en tempo real o evento, ademais de ser o núcleo de comunicacións.
Outra funcionalidade consistirá en poder gravar vídeo e audio desde o smartphone no momento de pulsar o botón de SOS, para así poder rexistrar proba do que está a suceder e testemuñar ao autor da agresión.
A aplicación estará operativa nas festas de Vilaboa, do 11 ao 15 de xullo, e do Burgo, do 23 ao 28, como grandes festexos multitudinarios do municipio. Funcionará en horario nocturno das verbenas, de 23.00 a 3.00 horas da madrugada.
O operativo especial de seguridade estará conformado pola Policía Local de Culleredo, a Garda Civil, o Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil e o 061.
Ademais da APP, o Concello instalará tamén o Punto Violeta nas festas como espazo seguro ao que acudir ante posibles casos de agresións sexistas, atendido por profesionais especialistas de xénero. Prestarán labores de información e asesoramento e contarán cun protocolo de acordo coas forzas de seguridade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER