Ponse a disposición de tod@s os cidadáns/ás, así como das distintas asociacións do municipio, modelos de adhesión ás alegacións do Concello de Culleredo á proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de A Coruña, para presentar ante a Dirección Xeral de Aviación Civil, no caso de resultar de interese.
O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Xuventude e do CIPAX convoca o concurso de fotografía dixital: “(re)programarte II Edición”.
Culleredo impulsa o Curso de Condución Segura, destinado a mozos e mozas entre 18 e 35 anos e que dispoñan de carnet de conducir.
Como o pasado inverno, o Club Natación Culleredo organiza nas instalacións do Complexo Deportivo de Acea de Ama a Escola de Natación de Inverno en colaboración co Concello de Culleredo.
O Club de Natación As Mariñas abre o período de inscricións para a vindeira tempada do seu curso de natación.
O sábado 1 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar, no campo de Os Loureiros, un encontro entre a UDJ Almeiras e a UDJ Almeiras Veteranos, conmemorando aquela "tempada do doblete".
No documento adxunto podedes consultar a programación completa para o curso 2018-2019 das Escolas Municipais do Concello de Culleredo.
A preinscrición vai do 3-7 de setembro.
A Concellería de Educación de Culleredo, á fronte da cal se atopa a edila Carmen Varela, quen leva anos proporcionando apoio e reforzo educativo a alumnado con problemas ou dificultades nos estudos. Trátase de fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento e deste xeito contribuír a previr o fracaso escolar e lograr unha mellor integración.
Entre o domingo 5 de agosto e o próximo 26 de agosto disputaranse os diferentes torneos municipais de fútbol: o XLI Trofeo de Fútbol Afeccionado, o XXI Trofeo de Fútbol Veterano e o VI Trofeo de Fútbol Base Infantil.
O Concello de Culleredo tramita a contratación dun primeiro gran paquete de investimentos por un montante total de 946.467,04 euros. Será un plan con 13 proxectos que redundará en importantes melloras para o municipio en ámbitos como os equipamentos e espazo públicos, a rede viaria ou a iluminación.
O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dirixirase ao Goberno do Estado para reclamar cambios na política de administracións púbicas que eliminen as trabas que padecen agora os concellos e que lles abocan a unha retardación total do seu funcionamento.
Durante o mes de agosto o Concello de Culleredo organizará os obradoiros de arte 'Verán creativo' para nenos, que estarán impartidos pola artista Luisa Valdés.
O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER