Taboleiro

Reunión informativa sobre "Mañás de campamento"

O Concello de Culleredo convoca para o vindeiro venres día 22 de xuño, a reunión informativa cos pais/nais dos participantes nos campamentos de verán "Mañás de Campamento". Será ás 19.45 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e nela explicaranse as normas de funcionamento e o programa a desenvolver.

Concerto infantil 'A casa do terror'

 Este venres, 22 de xuño, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acolle o concerto infantil 'A casa do terror'.
 
A recollida de invitacións terá lugar unha hora antes do acto.

Cursos intensivos de natación durante o verán para os nenos de Culleredo

Os veciños de Culleredo terán á súa disposición este verán varias opcións para gozar da natación. Os dous clubs cos que colabora o Concello ofrecen cursos intensivos no parque acuático de Acea de Ama.
 

Proceso selectivo “Inspector/a da Policía local (Promoción interna)”

Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo “Inspector/a da Policía local (Promoción interna)”

Cualificación segundo exercicio da fase de oposición.

Proceso selectivo “Policía local (Mobilidade)”

Nomeamento funcionarios/as de carreira.

 

 

 

 

Bando para o San Xoán 2018

Con motivo da celebración das festas de San Xoán 2018, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá como as lumaradas, os servizos de seguridade e emerxencias, as sardiñadas e barbacoas, as infraccións ou as normas complementarias.  

Convocatoria de solicitudes para o uso das instalacións deportivas municipais

Desde hoxe, 4 de xuño, ata o vindeiro 22 de xuño, está aberta a convocatoria de solicitudes para o uso das instalacións deportivas municipais desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

 

Xornada sobre a doazón e o transplante de órganos

O luns, 11 de xuño, a sala de vídeo do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a partir das 17 horas unha xornada titulada "O que debes de saber sobre a doazón de órganos e nunca che contaron", organizada polo Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Transplantes 'Airiños'.

 

Campamentos deportivos de verán da Deputación

Xa está aberta a inscrición para os Campamentos Deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña, dirixidos a rapaces de entre 9 e 14 anos. A quenda para o Concello de Culleredo vai do 8 ao 13 de xullo e o prazo para anotarse remata o 15 de xuño. 

 

Cancelada a obra 'House' do 15 de xuño

Cancelada a representación da obra 'House', de Teatro do Morcego, que iba a ter lugar o 15 de xuño en Servizos Múltiples.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina