Taboleiro

Campamentos de Nadal do Concello de Culleredo

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro os mozos e mozas de Culleredo con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos poderán gozar dos Campamentos Recíclate no Nadal, que terán lugar no CEIP Isaac Díaz Pardo.

 

Accións preventivas polo risco de seca

Bando de alcaldía no que se tratan as medidas de aforro que se tomarán no Concello de Culleredo ante a situación de seca que se está a vivir.

 

EducaCulleredo 2017-2018: actividades municipais nos centros educativos

O Concello de Culleredo organiza un amplo programa educativo en coordinación cos centros de ensino radicados no municipio. Ao longo do curso 17-18 realizaranse numerosas actividades en diferentes ámbitos da educación en complemento coa docencia reglada.

Novos horarios e rutas dos autobuses metropolitanos

Desde o vindeiro luns, 6 de novembro, entrarán en funcionamento os novos horarios e rutas dos autobuses metropolitanos, xestionados por Autos Calpita - Asicasa.

Consulta toda a información nos documentos adxuntos.

Sorteo público dos cursos de Aplicador/a Manipulador/a de productos fitosanitarios

O sorteo público para a adxudicación de prazas correspondentes aos cursos de Aplicador/a Manipulador/a de productos fitosanitarios (Nivel básico) terá lugar o día 16 de outubro de 2017 ás 10:00 horas, no Centro Municipal  de Formación e Emprego “ Pablo Picasso”  do Concello de Culleredo, situado na rúa Antonio Machado s/n, O Burgo, Culleredo.

Listaxes definitivas para as actividades de benestar 2017-2018

O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de actividades de benestar e saúde para a tempada 2017-2018. Específicanse asemade as vacantes existentes en cada unha, ás que poden optar os veciños desde o venres 13.

Lista de vacantes nas actividades culturais e deportivas 2017-2018

O Concello de Culleredo publica a listaxe de prazas vacantes nas actividades culturais e deportivas da tempada 17-18. Os interesados poden formalizar a matrícula no Rexistro Municipal (Casa do Concello ou Servizos Múltiples) desde o venres 13 de outubro. Cubriranse por orde de inscrición.

Listaxes definitivas e vacantes nas actividades culturais e deportivas 2017-2018

O Concello de Culleredo publica as listaxes definitivas de persoas inscritas, en espera e vacantes nas actividades culturais e deportivas para a tempada 2017-2018.

O Paseo Marítimo do Burgo acollerá a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson

A Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, xunto co Concello de Culleredo e Castelo Deportes, organiza a I Carreira e Andaina Populares polo Parkinson. A proba terá lugar o domingo 22 de outubro a partir das 10:30 horas na Ría do Burgo e o obxectivo é recaudar fondos para loitar contra a enfermidade.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina