Proceso selectivo “Inspector/a da Policía local (Promoción interna)”

Convocatoria e Bases da convocatoria do proceso selectivo “Inspector/a da Policía local (Promoción interna)”

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria celebrada o día 11 de decembro de 2017 aprobou a convocatoria e as bases da convocatoria do proceso selectivo “Inspector/a (Promoción interna)”.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do 02 de xaneiro de 2018 (núm. 1) publicáronse íntegramente as bases que rexirán esta convocatoria.

No Diario Oficial de Galicia do 12 de abril de 2018 (núm. 71) publicouse un extracto desta convocatoria.

O prazo para a presentación das solicitudes será de vinte días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Prazo presentación solicitudes. No BOE do 09 de xuño de 2018 (núm. 140), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 10 ata o 29 de xuño de 2018, ambos inclusive.

Lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da lista provisional no Boletín Oficial da Provincia co fin de emendar o defecto que motivara a non admisión do/da aspirante.

Documento adxunto: lista provisional admitidos e excluidos.pdf

Prazo subsanación. No BOP do 02 de agosto de 2018 (núm. 146), publicouse a lista provisional dos/das aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Os aspirantes non admitidos/as disporán de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación da resolución no BOP co fin de emendar o defecto que motivou a súa non admisión (do 3 ao 17 de agosto de 2018, ambos inclusive).

Lista definitiva de admitidos e excluídos e data de exame. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as. (Documento adxunto: Lista definitiva admitidos e excluido e data de exame.pdf)

Cualificación da fase de concurso e convocatoria fase de oposición. Publícase o anuncio das puntuacións outorgadas na fase de concurso para a selección dun/dunha inspector da policía local (promoción interna) e convócase ao aspirante á realización da fase de oposición do proceso selectivo segundo o disposto no documento “Cualificación da fase de concurso e convocatoria fase de oposición.pdf”

Cualificación segundo exercicio da fase de oposición. Publícase o anuncio da puntuación do segundo exercicio da oposición para a selección dun/dunha inspector da policía local (promoción interna).

(Documento: “Cualificación do segundo exercicio da fase de oposición.pdf”)

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_xerais_para_a_seleccion_de_persoal_funcionario_de_carreira_e_de_persoal_laboral_fixo.pdf116.95 KB
convocatoria_e_bases_da_convocatoria.pdf404.98 KB
solicitude.pdf272.31 KB
lista_provisional_admitidos_e_excluidos.pdf261.53 KB
lista_definitiva_admitidos_e_excluido_e_data_de_exame.pdf260.06 KB
cualificacion_da_fase_de_concurso_e_convocatoria_fase_de_oposicion.pdf415.19 KB
cualificacion_do_segundo_exercicio_da_fase_de_oposicion.pdf355.92 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina