Torneos de fútbol do Concello de Culleredo

Culleredo vivirá un intenso mes de agosto futbolístico. O Concello publica o calendario das súas emblemáticas competicións: o Trofeo de Fútbol Afeccionado, que alcanza a súa XXXIX edición, o XIX Trofeo de Veteranos, e o IV Torneo de Fútbol Base Infantil.
 
O Trofeo de Fútbol Afeccionado comeza o xoves 4. Participarán o Sporting Burgo, o Olímpico de Rutis, O Portádego,  a Agrupación Deportiva Culleredo e a Unión Deportiva Almeiras. A final será o 27 de agosto no campo de fútbol de Rutis.
 
No Trofeo de Veteranos repetirán todos estes clubs, salvo o Culleredo. Tamén participará o Fontemaior. A final será tamén en Rutis o 26 de agosto.
 
E finalmente o torneo de fútbol base, de idade cadete, serei o 27 de agosto en Rutis, como antesala á final do tradicional torneo de fútbol afeccionado. Constará dun triangular entre o Olímpico, Sporting Burgo e O Portádego.
 
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, anima aos veciños a achegarse polos campos para gozar dos partidos. Destaca que estas competicións están moi arraigadas no municipio e xuntan cada ano a decenas de persoas.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina