O Nadal de Culleredo tamén practicará deporte. O Concello colabora con dous clubs do municipio para lanzar dous campus deportivos que ofrecerán aos escolares unha alternativa sa durante as próximas vacacións do Nadal.
A actividade de fútbol levarase a cabo no campo municipal do Burgo, do 22 de decembro ao 2 de xaneiro, salvo os festivos e fins de semana, en horario de 9.30 a 14.00 horas. O campus está organizado polo Sporting Burgo.
Ademais de fútbol, os nenos e nenas de 4 a 13 anos aos que se dirixe, participarán en actividades complementarias como fútbol sala, baloncesto, bádminton, balonmán e xogos tradicionais.
A patinaxe artística segue en auxe en Culleredo. O Club Aura Culleredo, que acaba de recibir o Premio á Integración Social mediante o Deporte, lanza un campus, que comprenderá do 29 de decembro ao 3 de xaneiro, a excepción do día de Ano Novo, en horario de 9.30 a 14.00 horas. Información no número 649 820 720 ou no correo electrónico c.p.a.aura@gmail.com.
O concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, destaca a "variada oferta deportiva" da que poderán gozar os cullerdenses este ano. O obxectivo, explica, é "propiciar actividades de calidade para a conciliación". Suárez apunta que os campus pretenden adaptarse aos centros de interese dos nenos e nenas de Culleredo e resalta o traballo dos clubs deportivos que son os organizadores dos campus, coa plena colaboración da Concellaría de Deportes.
Ademais destes campamentos, o Concello de Culleredo lanzará un programa deportivo máis extenso, con actividades e torneos puntuais, que será presentado nos próximos días.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
campus_futbol_2014.pdf | 1.39 MB | |
campus_patinaxe.pdf | 549 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER