Unha das principais infraestruturas deportivas de Culleredo, o pavillón Ría do Burgo, verá melloradas de forma notable as súas prestacións aos usuarios. O goberno municipal decidiu renovar o firme da pista colocando parquet, superficie idónea para a práctica deportiva de alto nivel.
O polideportivo, que se sitúa no CEIP Ría do Burgo en Fonteculler, dá servizo a centos de persoas. Por unha banda, aos alumnos do propio colexio, e por outro a clubs deportivos que realizan alí os seus adestramentos e partidos.
O equipo de goberno, escoitando as propostas dos clubs, decidiuse a dotalo de parquet para que conte cunhas condicións de xogo e seguridade maiores. En concreto, o Concello colocará parquet con acabado en madeira de haxa cunha verniz específico para a práctica deportiva.
Inicialmente, o Concello incluíu esta actuación en plan de obras DTC da Deputación. Con todo, esta non aceptou esta posibilidade porque decidiu non financiar obras en recintos deportivos. O goberno municipal analizou as posibilidades existentes e para atender a petición dos colectivos que usan a Ría do Burgo decidiu levala a cabo a cargo con fondos propios, a cargo dos orzamentos municipais.
En total, o Concello destina 80.855,67 euros á actuación, que xa se atopa en fase de contratación. Nas próximas semanas formalizarase o contrato para poder iniciar os traballos, que dispoñen dun período de execución estimado de dous meses.
"Tratamos de non escatimar no mantemento das instalacións deportivas para que os miles de cidadáns que practican deporte en Culleredo dispoñan de espazos en boas condicións", apunta o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER