O taller para enteder a factura da luz e reducila encheu Vila Melania

O Concello de Culleredo, consciente do esforzo económico que supón para os veciños facer fronte á factura de electricidade, propúxose apoiar aos cidadáns cunha iniciativa formativa para guiar unha posible redución deste importante gasto doméstico.

Para iso, a Concellaría de Sanidade celebrou o pasado xoves, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller que cultivou un elevado éxito entre os veciños. Baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila", decenas de persoas abarrotaron o Pazo de Vila Melania para escoitar as claves a seguir para baixar este gasto.

A actividade, que se enmarcou no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, tivo como finalidade a prevención da denominada exclusión enerxética na que se poidan atopar familias cullerdenses.

Ademais, ofreceuse orientación aos asistentes para reducir os seus gastos enerxéticos na vivenda, constituíndo unha medida máis de aforro doméstico. A iniciativa foi impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina