O Centro Cultural de Almeiras, a través do Club de Dardos, organiza este sábado 28 un evento moi especial, con carácter solidario. Trátase do I Torneo de Dardos Punta de Acero, en favor da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo.
Terá lugar no polideportivo municipal de Almeiras a partir das 16.30 horas. As inscricións na competición finalizarán media hora antes, ás 16.00 horas.
A inscrición ten unha aportación de 20 euros, que inclúe o churrasco que se preparará no evento. A ración para o público en xeral será de 7 euros. Tamén haberá bochinche a precios económicos.
O método do torneo será a parellas cegas con cabeza de serie a dobre KO.
Para más información, pódese contactar con Natalia no 662 142 283 ou con Miguel no 676 001 735.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER