Demostracións e obradoiros de cociña, o xoves 6 no paseo marítimo do Burgo

Co obxectivo de promocionar o consumo dos produtos locais e de tempada, o Concello de Culleredo recibe esta semana un tráiler dotado de cociña no que se realizarán cursos de formación e showcookings. Será o vindeiro xoves, 6 de setembro, no recinto multiusos do Burgo, no paseo marítimo.

O Tour Experiencias Galicia, de Galicia Calidade, consta dun camión que aberto ten unhas medidas de máis de 16 metros de longo. No seu interior existen zonas de recepción, terraza para degustación, cociña e un panel informativo retroiluminado.

O Concello de Culleredo informa que para participar nalgunha das actividades que terán lugar ao longo da xornada é necesario apuntarse previamente na Concellaría de Consumo (ben nas oficinas de Costa da Lonxa ou por teléfono). Non obstante, é posible optar ás prazas libres no propio camión o mesmo xoves.

A concelleira de Consumo, Rocío Sampedro, sinala que con esta iniciativa o Concello pretende "favorecer ou consumo local, os produtos de tempada porque todo iso garante a preservación do ambiente e a sustentabilidade económica e cultural". Sampedro chama á reflexión de pensar, á hora de comprar un produto, na súa procedencia: "Todos os nosos xestos e opcións diarias afectan non so a nosa vida, senón tamén a vida  doutras persoas".

"É fundamental educar e mobilizar a sociedade, e en especial as xeracións mais novas,para cambiar vos hábitos de consumo, volvéndonos máis críticos, esixentes e responsables", sinala, e con estes obxectivos traballa a Concellaría de Consumo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina