A asociación Alma e o Concello de Culleredo levan a cabo obradoiros de crianza no Burgo

A asociación cullerdense Alma, en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo, informan que, a partires do día 8 de febreiro, iníciase unha nova actividade: os obradoiros de Crianza. Esta iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable dos nenos e nenas ata os 5 anos.

 As sesións desenvolveranse ao longo do ano no local social de Costa da Lonxa, no Burgo, todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 horas.

Alma e Sanidade de Culleredo informan tamén de que os obradoiros de lactancia, dirixidos a embarazadas e nais e pais, que se desenvolvían dende fai catro anos no Centro de saúde de Acea de Ama, pasan a facerse no local de Costa da Lonxa. A actividade realizarase  os primeiros e terceiros martes de cada mes, en horario de 18:00 ás 20:30 horas. O cambio será efectivo desde o día 7 de febreiro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina