O Concello de Culleredo estrea web de Sanidade

O Concello de Culleredo potencia o seu papel como axente de asesoramento ao cidadán en materia de Sanidade. O goberno local anuncia a apertura dun novo sitio web (http://culleredosanidade.org) que pretende ofrecer unha ampla guía de servizos sanitarios aos usuarios, abordando especialmente aquelas competencias que son propias da administración municipal.

“Queremos achegar aos veciños os principais recursos que dispoñen no tocante á sanidade”, explica a nacionalista Rocío Sampedro, concelleira de Sanidade, que sinala que a pretensión é a de ofrecer un sitio en internet sinxelo pero moi práctico para quen o lea. Así, a páxina, que tamén é accesible desde a páxina web municipal, estrutúrase en 6 grandes bloques:

  • Sanidade ambiental, que aborda aspectos como as augas, o aire, os cans perigosos ou as tatuaxes.
  • Sanidade alimentaria, un repaso a asuntos de primeiro interese como os cogumelos, os moluscos ou os matadoiros.
  • Enfermidades de transmisión, tanto a nivel humano, como a SIDA ou mesmo a gripe, como a nivel animal, como a rabia.
  • Adiccións, centrada no desenvolvemento do plan de trastornos adictivos.
  • “X + Saúde”, sección dedicada a programas que contribúen a unha mellora saúde, como a dieta atlántica o os roteiros que pasan por Culleredo.
  •  “+ Info”, dedicada a proporcionar información das farmacias, as citas co médico ou os dereitos dos usuarios.

O sitio web completarase cun bloque adicado ás diferentes entidades que traballan no ámbito no municipio, que son moitas, e ás que o Concello quere reservar un espazo para que difundan a súa labor.

Sampedro sinala que se concibe a nova páxina como un recurso que “serva como orientación legal á vez que alerte dos riscos para a saúde e das formas de prevención e tratamento ante as diferentes cuestións”. Desta forma, apunta, o sitio responde a casuísticas prácticas como as condicións que debe ter un solarium, como evitar intoxicacións por cogumelos, ou protocolos de vacinacións.
web sanidade

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina