Culleredo acolle o III Campionato Ibérico para Forzas e Corpos de Seguridade

Culleredo converterase o próximo 1 de setembro no centro da competición deportiva entre os corpos e forzas de seguridade de España e Portugal. Desde ese día e até o sábado 3 desenvolverase nos polideportivos municipais o III Campionato Ibérico de Fútbol sala para Forzas e Corpos de Seguridade.

En total, participarán 20 equipos de ambos países, o que suporá un total de 250 persoas entre deportistas e acompañantes. Entre os corpos que competirán procedentes de España atópanse as Policías Locais da Coruña, Culleredo e Arteixo, o Corpo Nacional de Policía da Coruña, de Madrid-Usera ou de Vallecas, a Garda Civil de Burgos ou a Autoridade Portuaria de Ferrol. Do país luso tomarán parte cinco equipos, como a Garda Nacional de Porto ou a Policia de Segurança Publica de Vilanova de Gaia.

Na presentación do evento, o concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado agradeceu á organización a elección de Culleredo, por segundo ano consecutivo, para ser a sede do campionato, agradecemento que posteriormente un dos organizadores, Santiago Rey, devolveulle destacando o "esforzo" realizado polo Concello, no que sempre "atopou as portas abertas". O concelleiro resaltou o éxito de participación do torneo e anunciou que o vindeiro xoves 1 terá lugar a recepción oficial en Rialta, en cuxas instalacións se aloxarán os deportistas.

Pola súa banda, Rey subliñou a "singularidade" que presenta a proba que se disputará en Culleredo por tres motivos. En primeiro lugar, dado que inclúe ás forzas de seguridade de España e tamén de Portugal, dous corpos, asegurou, que se atopan "en constante colaboración". Como segundo motivo aludiu ao gran nivel de xogo do campionato, que reúne aos "equipos máis punteiros". Por último, apuntou que a competición é das máis "duras" xa que os catro primeiros clasificados xogarían uns 240 minutos de partidos en tan só dous días.

En canto aos premios, o primeiro clasificado levará 1.000 euros, polos 500 e 300 euros do segundo e terceiro, respectivamente. Os partidos celebraranse nos polideportivos de Almeiras, O Burgo e do colexio Ría do Burgo. O venres 2 terá lugar a fase previa e o sábado 3, a segunda fase e a fase final.
 
Presentación torneo

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina