A Concellaría de Sanidade de Culleredo, colabora cos profesionais do Centro de Saúde

A Concellaría de Sanidade de Culleredo, dirixida por Carmen Varela Corbelle, colabora cos profesionais do Centro de Saúde de Acea de Ama para asistir ao curso de intervención en situacións de emerxencias e catástrofes comunitarias: "Crisis Task Force Training 2011", considerado como o mellor curso destas características a nivel de España.

Médicos de familia, pediatras, enfermeiros e celadores do Centro, participarán desta formación. Para o concello, colaborar con esta iniciativa responde ao desexo de contar cos mellores profesionais no ámbito das emerxencias sanitarias e prestar deste xeito a mellor atención aos veciños.

O curso terá lugar en Sevilla, no antiguo acuartelamiento de Alcalá de Guadaira, os días 26, 27 e 28 de abril. Está organizado pola Universidade de Sevilla, o 061, a Junta de Andalucía, e a Cruz Vermella, e ten como reto principal o de desplegar un dispositivo de emerxencia nunha situación de crise extrema, e nun tempo limitado de 3 días, tempo nos que os alumnos permanecerán aillados.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina