Imaxinería

As tres imaxes a destacar fan referencia á tradición xacobea do templo: unha Virxe Peregrina, Santiago Matamouros e Santiago Peregrino. A máis popular de todas talvez sexa a de Peregrina, pero non a de maior calidade artística, que é a pequena imaxe de Santiago Peregrino.

Santiago Matamouros: A representación de Santiago ecuestre, como cabaleiro e guerreiro ante os infieis adquire difusión desde o século XII, pola representación no cruceiro da catedral de Santiago no tímpano de Clavijo; pero é desde o século XVIII cando proliferan como imaxes procesionais. O historiador Cardeso Liñares busca o seu vinculación co escultor José Gambino (1719-1775): " ... a disposición das figuras, a talla dos panos e o detallismo e dozura dos rostros revélannos as mans, ou polo menos o taller de José Gambino...".

Este modelo iconográfico alcanza a súa máxima representación no conxunto escultórico que coroa o Pazo de Raxoi de Santiago, realizado polo discípulo de Gambino, José Ferreiro. Na nosa opinión resulta atrevido aventurarse na autoría desta escultura que dista bastante da calidade de Gambino, aínda que debido á importancia adquirida por este escultor poida que sirva como modelo desta obra, datada na segunda metade do século XVIII.

Santiago Peregrino: Realizada en madeira policromada, en bo estado de conservación, talla do século XVIII. Represéntase ao Apóstolo alzando a mirada cara ao infinito, en actitude estática, portando o libro dos Evanxeos atributo dos apóstolos e coa indumentaria propia do peregrino: cabaza, sandalias, e capa curta con esclavina decorada con cunchas.

O autor desta imaxe permítese facer ostentación da súa mestría a través dun perfecto tratamento dos panos e o característico cabelo rizado herdado do barroco. Iconográficamente presenta similitudes co Santiago de Gambino de Sta. María de Oseira, pola actitude contemplativa, a disposición dos pés, ambos apoiados, non en actitude de andar que é a representación habitual, e o modo de coller os evanxeos. Pola contra o artista posúe outros recursos estéticos que non lle son afíns: o canon alargado, o estudo anatómico, fixémosnos nas súas mans, ou a disposición das roupas. O autor desta imaxe domina a arte da talla, é un bo exemplo da escultura relixiosa do século XVIII.

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina