Lista de persoas agraciadas cunha praza nos cursos de iniciación a surf en Semana Santa 2023
Culleredo acollerá este verán un evento musical de primeiro nivel, nado e pensado para o municipio. Trátase do Recorda Fest, que hoxe presentaron José Ramón Rioboo, alcalde do municipio, xunto a Penélope López, concelleira de Cultura; Víctor Santana, director do festival, e David Lemos, director comercial de Air CO2.
O programa ‘Culleredo, de cinema’ pretende consolidar a ferramenta da curtametraxe nos colexios para adolescentes e preadolescentes do século XXI.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizará os días 15 y 16 de abril de 2023 un curso de condución segura en circunstancias adversas na Explanada do Paseo Marítimo de O Burgo.
A Concellaría de Participación Cidadá, Educación e Medio Rural pon en marcha un ano máis o programa Mañás de campamento.
O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, promove para Semana Santa 2023, durante os días 6, 7 e 8 de abril, un curso de iniciación ao surf na praia de Bastiagueiro, en ‘La vieja escuela by After Surf’.
O Concello de Culleredo organiza do 3 ao 10 de abril o campamento de primavera. Trátase dunha iniciativa para favorecer a conciliación durante os días non lectivos da Semana Santa.
Desde o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da concellería de Desenvolvemento Local, Cultura, Festas e Turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
Nomeamento das persoas que de seguido se citan como membros da Mesa da Avaliación a constituír para a valoración das propostas presentadas ao abeiro da convocatoria pública de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo para a reactivación do tecido asociativo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER