Culleredo destinará 160.000 euros para renovar a rúa Irmáns Suárez Ferrín

O Concello de Culleredo propón adicar un investimento de 160.000 euros á renovación da rúa Irmáns Suárez Ferrín, na Corveira. Trátase dunha vía residencial que comunica a avenida de Cordeda coa rotonda de Amparo López Jean, cun elevado tránsito.

Voluntarios de Protección Civil de Culleredo imparten un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo

Os voluntarios de Protección Civil de Culleredo impartiron esta tarde un curso de primeiros auxilios ao profesorado da Galiña Azul de O Burgo. Celebrouse nun dos salóns do centro, de 17:00 a 19:00 horas. Á sesión asistiron unha ducia de profesores e profesores.

O Concello informa de que o servizo de alumeado público da rúa Pérez Lugín verase afectado debido a unha avaría na subministración

ACTUALIZACIÓN!
 
Solventada a avaría no servizo de alumeado público da rúa Pérez Lugín que afectaba á subministración na zona de obras de humanización en Vilaboa.
 
Desculpade as molestias.

 

Acto público na xunta de goberno local do 6 de febreiro de 2023

O Concello de Culleredo informa de que a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, do día 6 de febreiro de 2023 tratará como o acto público o punto 2, sobre a liquidación do contrato de explotación do complexo deportivo no monte Costa.

Culleredo comezou hoxe o seu proxecto pioneiro para impulsar a arbitraxe entre a mocidade

A arbitraxe comeza a ter canteira en Culleredo. O Concello e o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol comezaron hoxe o proxecto pioneiro para promover esta vertente do deporte entre os mozos do municipio.

O Concello perimetra varias coníferas ante a presenza de niños de procesionaria

O Concello de Culleredo, ante a presenza de varios niños de procesionaria no Paseo Marítimo, concretamente na contorna da Cros, decidiu perimetrar varias coníferas para así impedir o paso a humanos e animais, imposibilitando con esta medida calquera prexuízo que lles poida causar.

Culleredo inaugura un novo programa de ‘Perros y letras’ nos centros públicos do municipio

Celebraranse sesións para escolares de Educación Primaria en febreiro e marzo do CEIP Plurilingüe de Tarrío, CEIP Vila de Rutis e CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

 

NAS BIBLIOS EN FEBREIRO 2023

Rematadas as tarefas de pavimentación e mellora da drenaxe en As Nabeiras, que darán solución aos problemas de acumulación de auga nos días de chuvia

O Concello de Culleredo está a executar unha importante actuación de renovación de servizos na parroquia de Sésamo. Trátase da ampliación e mellora tanto da drenaxe como da pavimentación de As Nabeiras.

Cristina Pardo toma posesión como nova concelleira da corporación cullerdense

Cristina Pardo Portos forma parte, desde esta tarde, da corporación do Concello de Culleredo tras tomar posesión no Pleno ordinario celebrado esta mañá, en substitución de Guadalupe Pombo, presente na sesión e quen desexou “toda a sorte do mundo” á recentemente nomeada edila.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina