O Concello de Culleredo oferta un programa de Estimulación Mental dirixido ás persoas maiores. Comezara no mes de xaneiro.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 29/10/2025, aproba ao Concello de Culleredo a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O vindeiro martes, 28 de outubro de 2025, ás 10:00 horas, terá lugar o sorteo de parcelas dos hortos urbanos de Culleredo. O sorteo terá lugar na Sala de Xuntas da Casa Consistorial, sita no 1º andar. Lugar de Tarrío, número 12 - Culleredo.
Adxuntamos os listados definitivos dos inscritos e participantes no sorteo.
O Concello de Culleredo impartirá os certificados de profesionalidade de 'Operacións básicas de restaurante e bar' e 'Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais'.
O Concello de Culleredo pon en marcha un proxecto de formación para a sostibilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos municipais durante o período 2025-2029. A inscrición ábrese o 15 de setembro.
O Concello de Culleredo publica a listaxe de persoas matriculadas nas prazas vacantes da Coral de Adultos para o curso 25-26. Como non se cubriron todas as prazas dispoñibles, recóllese na resolución que se poderán matricular, iniciada a actividade, aquelas persoas que cumpran os requisitos para o acceso á mesma.
O Concello de Culleredo publica a oferta de prazas vacantes nas actividades municipais culturais e deportivas 2025/2026.
O Concello de Culleredo publica as listas de persoas admitidas e listas de agarda para as actividades municipais culturais e deportivas 25/26.
O Concello de Culleredo publica a resolución do listado de matriculados na Coral de Adultos para o curso 25-26. Convócanse 15 prazas que quedaron vacantes, abríndose un novo prazo de matrícula do 22 ao 30 de setembro de 2025 (ambos incluídos).
O Concello de Culleredo publica as condicións de participación na Feira de Artesás do Día da Muller Rural, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de outubro, no parque da Torre de Celas.
O vindeiro día 9 de setembro comeza o prazo de inscrición para as clases de Iniciación I e Iniciación II no curso 2025/26 do Conservatorio Municipal.
O Concello de Culleredo publica a resolución de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música de Culleredo para o curso 2025/2026.
O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
O Concello de Culleredo recibe unha subvención da Deputación da Coruña para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura en 2024.
Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.
O Concello de Culleredo organiza campamentos de verán para a xuventude. A preinscrición está aberta ata o 9 de xuño a través do formulario.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER